Despois desta fin de semana na D.O. Ribeira Sacra levan recollido máis de 5 millóns de quilos de uva, dos que a maior parte corresponden a Mencía con 4.061.418 quilos, seguida da variedade branca, Godello, con 374.791 quilos.
A vendima comezou oficialmente o 19 de setembro, aínda que varias adegas iniciaran a recollida a finais de agosto. O pasado ano a vendima finalizaba o 19 de outubro e cóntase que o final desta campaña sexa novamente por estas datas.
A 29 de setembro e con 5 millóns de quilos de uva vendimiados, 53 adegas están a recoller uva, 10 teñen a vendima paralizada e 27 xa finalizaron. Cando o ecuador da campaña está xa superado, restan 6 adegas por iniciar a vendima.
Os traballos víronse favorecidos por unhas excelentes condicións meteorolóxicas que contribuiron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez. A D.O. Ribeira Sacra deixa atrás setembro, mes en que a vendima volveu a ser o motor económico do territorio xerando miles de empregos directos e indirectos, para seguir a mesma tendencia no mes de outubro.
Os datos de recollida de uva a data 29 de setembro son en variedades tintas: Mencía 4.061.418 kg; Brancellao 22.264 kg; Merenzao 60.328 kg; Caiño 30.720 kg; Grao Negro: 9 kg; Garnacha 239.769 kg; Mouratón: 7.441 kg; Sousón: 83.076 kg e Tempranillo 46.190 kg
Variedades brancas: Albariño 68.783 kg; Branco Lexítimo 3.250 kg; Dona Branca 3.537 kg; Godello: 374.791 kg; Loureira 2.121 kg; Torrontés 3.675 kg e Treixadura: 33.344 kg.