Nace a nova Ruta da Sidra da Estrada

A Deputación de Pontevedra de presentar a Ruta da Sidra da Estrada,  unha nova alternativa turística, ecolóxica, sostible e exclusiva, cun itinerario desde Callobre a Ribela, a través do cal se poderán percorrer plantacións de maceiras ecolóxicas de variedades autóctonas.

A nova ruta xorde do convenio firmado polo organismo provincial coa Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega que pretende fomentar e promover as variedades de mazá autóctona e produción de sidra ecolóxica, centrada na zona da Estrada. 

Durante a presentación, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, describiu a ruta como  "unha idea marabillosa. Nesta terra hai moito talento, moita capacidade de crear proxectos innovadores, que arrisca e dedica tempo a lanzar iniciativas de futuro en contacto co territorio, coas nosas tradicións e co mundo rural". Ademais,  tamén enxalzou que se trata dun proxecto que nace da suma de sinerxías para "crear emprego no medio rural, garantindo así que haxa capacidade de poder manter a vida neste territorio marabilloso que é o interior da provincia de Pontevedra".