O XV Concurso de Tapas de Lugo ten finalistas


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo quinta edición do Concurso de Tapas de Lugo:

A Laxa, Arrocería Os Cachivaches, Restaurante Campos, Casa d’Auga, Casa Paco, El Boni Parrillada, La Cosechera, Mesón Colón, Mesón Pulpería O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica, Vermutería o Miño Therapy.

Esta vindeira fin de semana, dende o venres 27 ata o domingo 29 de setembro, estes 12 establecementos volverán ofrecer as súas tapas ao público e nesta fase será un xurado técnico, dirixido por Quique Rodríguez (sous chef do Hotel Villa Magna de Madrid e editor de contidos para medios de comunicación), o encargado de percorrer os doce locais para avaliar e outorgar un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ademais das maridaxes con cervexa Estrella Galicia e con viño da Ribeira Sacra.