A vilas fronteirizas de A Guarda e Caminha acollerán o "I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Minho", unhas xornadas destinadas a profesionais do sector turístico e gastronómico do territorio relacionados.
Trátase dun encontrotransfronteirizo organizado pola asociación Visit Rio Minho que terá lugar entre o 17 e o 19 . O primeiro día celebrarase o ‘I Congreso de Turismo do Rio Minho' en A Guarda. A actividade, dedicada a profesionais do turismo xa sexa do ámbito empresarial como da administración pública, contará coa participación de numerosos expertos e expertas deste ámbito. Pola tarde haberá unha sesión de formación práctica sobre a creación de paquetes turísticos.
A gastronomía en todas as súas vertentes ocupará a xornada do venres 18 en Caminha. As ‘I Xornadas de Gastronomía do Rio Minho' dividiranse nunha sesión de mañá, exclusiva para profesionais da gastronomía, onde haberá un debate e un showcooking, e unha sesión de tarde aberta a todo o público na que se combinarán presentación de produtos, charlas e degustacións.
Por último, o sábado 19 A Guarda e Caminha organizan diferentes actividades de lecer como peche do I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Minho.
O encontro é a primeira actividade da marca transfronterizo Río Miño / Rio Minho despois da presentación celebrada no Parador de Tui en abril deste ano, e con ela preténdese viabilizar e modernizar a oferta turística do Miño transfronteirizo e pór en valor os seus recursos.
As inscricións son gratuítas e pódense tramitar a través da páxina www.encontroriominho.eu, onde tamén se pode atopar toda a información actualizada.
Esta actividade está promovida pola Deputación de Pontevedra e o Centro de Estudos Euro Rexionais dentro do proxecto de cooperación transfronteiriza VISIT RIO MINHO, que conta cun 75% de financiamento FEDER, e do cal tamén forman parte a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, o AECT Río Miño, os concellos de ambas marxes do Miño, Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico do Mar.