A Rota das Colleitas conduce a Vila Verde

De agosto a novembro, o concello de Vila Verde (Portugal) é o escenario de (re)descubrimento das máis xenuínas tradicións da rexión minhota. Este ano, a programación turístico-cultural Na Rota das Colleitas conta con máis de 40 iniciativas para dar a coñecer a cultura popular do Miño aos visitantes e para relembrar aos locais o encanto da rexión.

O visitante ten aquí a posibilidade de experimentar aromas e sabores minhotos e aínda participar activamente nas actividades, sexan culturais, turísticas ou deportivas. As antigas casas de lavoura gañan unha vida nova grazas á recreación de prácticas tradicionais.

Os “malhos” parten violentamente o “centeio” dourado polos raios de sol, as espigas de millo son desfolladas pola forza de brazos dos homes e mulleres, os pés do pobo trituram as uvas no lagar, as fibras do “linho” son retiradas da planta coas alfaias tradicionais…

No fin do arduo traballo, é tempo de rexenerar o corpo e a mente. É tempo de alegría e convivencia cunha vasta merenda que é ofrecida a todos os presentes. Á recreación de tradicións centenarias xúntanse moitos outros atributos. Desde a enorme beleza das paisaxes minhotas á hospitalidade da poboación, pasando pola creatividade da artesanía, polo sabor inconfundíbel da gastronomia local, polos sons animados da música popular e pola vasta riqueza patrimonial de Vila Verde. Non faltan motivos para visitar o corazón do Miño, unha das máis emblemáticas rexións de Portugal.

A iniciativa raíña e principal iniciativa da programación é a Festa das Colheitas – Feira Mostra de Produtos Rexionais. Un escenario onde a gastronomia, a artesanía, os produtos do campo, espectáculos de música en vivo e outros espectáculos culturais teñen o seu momento. Durante cinco días consecutivos, do 9 ao 13 de outubro, Vila Verde festexa a época das colleitas nunha demostración da autenticidade da cultura popular minhota, promovendo o mellor e máis xenuíno que ten o pobo local para ofrecer.