A marca EnoTurismo Galicia presentou a oferta enogastronómica das cinco rutas do viño galegas cun workshop que se desenvolveu en Madrid, organizado polo Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia – Axencia de Turismo de Galicia.
En concreto, acudiron 25 empresas galegas: nove, procedentes da Ruta do Viño Rías Baixas; seis, da Ruta do Viño Ribeiro; tres, da Ruta do viño Ribeira Sacra; unha, da Ruta do Viño Monterrei; e cinco da Ruta do Viño Valdeorras.
Ao evento achegáronse uns 200 profesionais representando a axencias de viaxe; empresas organizadoras de congresos e eventos; asociacións sectoriais; prensa; e distintas firmas dos sectores DMC e MICE.
Na súa intervención, Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia destacou que: "desde o Clúster estamos convencidos de que a aposta por este tipo de produtos turísticos é o camiño para seguir, xa que a enogastronomía é un produto turístico complementario de moitos outros, desestacionalizador e especializado, que se estende por unha grande parte do noso territorio e que se está a desenvolver con rapidez e calidade, especialmente orientado cara un perfil de turista que fai un maior gasto medio que outras tipoloxías, o que converte ao enoturismo nun elemento vertebrador da oferta turística de Galicia".
En representación dos cinco roteiros do viño falou Juan Manuel Casares, presidente da Ruta do Viño do Ribeiro, quen agradeceu a posta en marcha este tipo de actividades e destacou a pluralidade de posibilidades que ofrecen as rutas galegas.
“Con esta presentación demostramos que, en Galicia, falar de viño é falar de algo máis. Nas rutas atópanse numerosas riquezas, variadas, pero que se poden amosar dun modo conxunto”. Ademais, para Juan Manuel Casares: “a nosa misión é vender viño e, ao facelo, tamén vendemos Galicia”.
Na presentación de EnoTurismo Galicia en Madrid amosouse a campaña Alma, corazón e viño, premiada en Portugal no Festival Internacional de Cine de Turismo de Torres Vedras, celebrado do 22 ao 25 de outubro,