Lugo: turismo sostible e gastronomía como patrimonio inmaterial


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén nos adiantou os obxectivos que ten para a cidade de cara aos vindeiros catro anos.

O concello de Lugo é consciente da importancia da dinamización da economía potenciando o turismo na cidade, pero dunha forma sostible e acompasada para evitar turismo masivo como ocorre noutras
cidades. 

Un dato importante e a ter en conta é que en Lugo contamos con tres patrimonios da humanidade: - A catedral - A muralla - O Camiño. Ademais de ter comezado a dar os primeiros pasos para conseguir un cuarto patrimonio no perímetro interior da muralla, incluíndo a gastronomía lucense como patrimonio inmaterial e mellorar a economía de empresas e traballadores os 365 días do ano.
Levamos anos traballando nun modelo de cidade máis amable, cercana, cómoda e accesible, apostando pola humanización dos espazos públicos, con proxectos de turismo medioambiental que axudarán ao desenvolvemento económico da cidade. 

Sen esquecernos de seguir potenciando as tres grandes citas festivas de Lugo: o San Froilán, o Arde Lucus e o Caudal Fest.