
Este comité está constituído por recoñecidos cociñeiros, entre eles varios pertencentes ao Grupo Nove e á hostalería coruñesa, representantes dos hostaleiros coruñeses, da Escola Universitaria de Turismo da Coruña, do sector da alimentación, de medios de comunicación especializados e tamén do mundo da cultura, a maiores do Comité Técnico do Festival.
Nesta primeira toma de contacto fíxose unha valoración da edición do 2018 e comezouse a preparar a edición do vindeiro ano.
O Festival de Sabores Atlánticos vivirá este vindeiro 2020 a súa segunda edición tras o éxito acadado no 2018. Nesta ocasión o evento gastronómico coincidirá en datas coa parada da Tall Ship Races na cidade, o que provocará que A Coruña viva unhas datas moi especiais. Este evento gastronómico recolle o espíritu aberto, acolledor e cosmopolita da cidade herculina co fin de poñer en valor a gastronomía atlántica.