Dende Carabuñas seguen experimentando en busca de novos aproveitamentos gastronómicos do sabugueiro, que rescataron da marxinación culinaria en Galicia. Primeiro foron os licores, as marmeladas... E agora Nelson Alonso preséntanos os novos bombóns, que acaban de sacar coa campaña de Nadal en mente.
Cóntame, en qué consiste o voso novo produto?
Son uns bombóns que
facemos con licor de sabugueiro. E a verdade é que o sabor, non é
porque o fixéramos nós, pero quedou moi ben. Queríamos escapar de
que fose un sabor a licor demasiado forte, e quedou integrado, moi
rico. Á xente estalle gustando moito.
Imaxino que a campaña de Nadal pode ser un bo momento para darlles saída...
É un pack que trae
dez bombóns. É un detalle bonito, por sete euros tes un regalo
diferente que lle podes levar a calquera.
O caso é non parar, seguir innovando e sacando novos produtos...
A idea é seguir
sacando produtos con base de sabugueiro. Agora o que estamos
intentando é ampliar a plantación, ter máis materia prima. E con
esa materia prima seguir.
Como ides a nivel de empresa? Notades unha certa consolidación?
Pouco a pouco. Pero
polo menos as cousas que imos facendo vemos que á xente lle gustan.
Agora o que temos que mellorar é o tema de máis tendas, abrir máis
mercado, porque os produtos que sacamos sabemos que teñen boa
aceptación. Agora toca facer máis traballo comercial, que ata agora
non o facíamos. Eran as tendas as que nos chamaban.