HILO DIRECTO con... Pilar Alonso, de Xacobleas


En Etiqueta Negra Gourmet tamén estivemos coa creadora das Xacobleas, Pilar Alonso, que nos ensinou a súa última creación. 

Cóntame, qué traedes de novo este ano?

Aproveitamos a feira para presentar o noso novo produto. Cunha base de Xacobleas, un produto que xa coñecíades, desta vez cunha cobertura de chocolate belga e un topping.

Vexo que tedes catro variedades ben diferentes...

Presentamos catro variades diferentes que veñen nun mesmo estuche, pretende ser unha alternativa a unha caixa de bombóns, un detalle… Temos a de chocolate negro, a de chocolate gold que é un chocolate con caramelo, a de chocolate branco e a de chocolate con leite.

Parécevos importante seguir sacando cousas novas?

Cousas novas, produto galego, produto feito na casa, artesán… Todas elaboradas de unha en unha cuns constrastes e un paladar innovador. É un detalle para gozar cos cinco sentidos: o gusto, pola vista tamén está claro que entran… Cada unha ten unha particularidade, hai unha por exemplo que parece doce pero ten perlas de caramelo salgadas… Outra parece que é moi doce pero ten por enriba mazá ao forno que lle dá un toque ácedo…

Semella que a empresa vai medrando...

Imos medrando pouco a pouco. O ano pasado comenzamos só con catro variedades e un formato só. Xa temos seis variedades. O que tratamos agora é de darlle novas utilidades ao produto, de xerar recetas coas Xacobleas, que a xente as combine e se atreva a experimentar con ellas na cociña tamén. O que lle chamamos “Xacoblear”.