Este 27 de novembro no salón de convenciones do edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). a partir das 15.30 horas, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), a xornada “Os retos para un futuro sustentable no sector alimentario galego”
A xornada contará coa presenza da Alta Comisionada para a Axenda 2030 do Goberno de España, Cristina Gallach, que explicará as actuacións e funcións do Alto Comisionado para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas.
Co obxectivo de coñecer os retos en materia de sustentabilidade na industria da alimentación, na xornada participarán Ángel Matamoro, director de Responsabilidade Social Corporativa de Nova Pescanova, e Estefanía Iglesias, directora de Sustentabilidade de CAPSA FOOD e presidenta da Comisión de Sustentabilidade de Clusaga.
A necesidade de adoptar un cambio dos procesos produtivos lineais aos circulares, será abordada por Anabel Rodríguez, directora executiva da Fundación para a Economía Circular. Ademais, Manuel París, xerente de I+D e Proxectos Europeos da Axencia Galega de Innovación, explicará o proxecto europeo C- VoUCHER, cuxo obxectivo é axudar ás pemes na súa implementación de solucións de economía circular.
Previamente ao acto de clausura da xornada, que será realizado pola directora de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Cruz Ferreira, e a Alta Comisionada para a Axenda 2030 do Goberno de España, Cristina Gallach, realizarase un debate aberto a todos os asistentes para intercambiar impresións sobre sustentabilidade na industria da alimentación, que estará moderado por Estefanía Iglesias.