O campión mundial de tríatlon, Javier Gómez Noya, impartiu unha charla coloquio sobre deporte e nutrición a 300 alumnos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, acompañado por directivos do Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia (que integra a Ternera Gallega e Vaca Galega / Boi Galego) e da nutricionista Yareth Hernández, que explicou aos estudantes as claves para unha boa alimentación.
Tralo coloquio, os rapaces realizaron un pequeno adestramento xunto a Gómez Noya ao redor da alameda compostelá. E, ao remate, tivo lugar unha degustación de carne amparada pola IXP. Esta acción enmárcase na campaña promocional de Ternera Gallega, da que o deportista é imaxe, dirixida a difundir os hábitos de vida saudables a través do deporte e dunha alimentación equilibrada.
O Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia destaca a aposta polo deportista por representar os valores do traballo, o tesón, a competitividade e a perseveranza, tan arraigados na orixe, filosofía e saber facer dos gandeiros de carne galegos. A alianza de dúas marcas gañadoras
O triatleta, cinco veces campión mundial, está levando a mensaxe de cabeceira da IXP, Ternera Gallega para unha alimentación sa e equilibrada, a diferentes públicos de toda Galicia: rapaces, mozos, deportistas e consumidores que apostan por alimentos con garantías e calidade certificada, a través de diversas accións de divulgación e promoción.