Aproveitando a nosa visita a Etiqueta Negra Gourmet falamos con Nuria Calo, a cara detrás das marmeladas de As Camposeiras, unha empresa artesá con base en Oleiros que non deixa de sumar novas variedades e proxectos.
Cóntanos, Nuria, que traes de novo a esta feira?
Vimos coa feijoa,
unha froita que aquí en Galicia non se coñece demasiado. É unha
froita moi forte de sabor á que lle reducimos un pouco a potencia
coa marmelada. Ten moita vitamina C, máis que os kiwis e que as
laranxas.
Cada vez que vos vexo tedes máis variedades...
Ao estar na reserva
da biosfera das mariñas coruñesas e terras do Mandeo, somos 14 concellos producindo un pouco de todo e parece
que non pero iso dá posibilidade de ampliar o abanico de variedades.
Nós o que tratamos de facer tamén é potenciar a toda esta xente
que se meteu agora no rural, mercándolle excedentes de produción.
Notades crecemento como empresa?
Pasiño a pasiño,
pero vai ben. A reserva da biosfera estanos poñendo en contacto con
restaurantes, con colexios… Están tratando de que os
establecementos que estean na área da biosfera consuman os produtos
locais durante todo o ano.
Que tal funciona a hostalería?
Ben. Hai hostalería
que funciona durante todo o ano e hostalería un pouco máis
estacional. Determinadas marmeladas como a de grelo por exemplo
pídena a partir de agora, do Nadal, que empezan as laconadas e
demais. Úsana para facer tostas ou para acompañamento.
Supoño que será importante transmitir todos os usos que se lle pode dar ás vosas marmeladas...
Hai moita xente que
pensa que só é para o desayuno, nós aquí sempre lles estamos
explicando que tamén se pode usar para acompañamento de comidas.
Aínda que sexa marmelada de froitas se pode facer moitas veces
algunha construción que a xente non se daba conta dela. Ao final
non estamos só para vender, senón tamén para ensinarlle á xente
alternativas.