O rural de Ribadavia embelécese para atraer visitantes

O núcleo rural de Sanín, en Ribadavia, acaba de ser renovado por completo co obxectivo de impulsar o turismo rural nunha zona na que este sector supón un importante estímulo económico que axuda a crear emprego e fixar poboación.

En concreto, realizáronse actuacións de embelecemento por un importe de preto de 80.000 euros, que permitiu renovar a pavimentación do camiño principal deste núcleo e a rede de abastecemento, así como repoñer as reixas de entradas ás casas. 

A zona foi visitada este mércores polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, que aproveitou para salientar que o Goberno galego investiu máis de 65.000 en accións de impulso ao turismo neste municipio no último ano, entre os que se inclúen accións como a recuperación e posta en valor do Parque Robla, a promoción da festa da Istoria e a feira do Viño do Ribeiro –declaradas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Galego, respectivamente– ou financiamento para contratar persoal da oficina de turismo da localidade.

Subliñou tamén outras actuacións neste eido como a sinatura dun convenio para a realización de actividades de promoción e información turística do xeodestino O Ribeiro e, no eido cultural, resaltou o investimento de 60.000 euros para a rehabilitación e mellora da Casa da Cultura de Ribadavia