Santiago de Compostela bateu en 2019 o seu récord histórico de pernoctacións, superando ao último Ano Santo e contabilizzando nada menos que 1.466.282 pernoctacións.
Trátase de 100.000 máis con respecto ao 2018, cun cremento de practicamente o 8%. Estamos ante un un crecemento moi importante, que supera amplamente o crecemento medio que se produciu en España, que foi do 0,9%.
A subida nótase máis no que respecta aos turistas españois, que sumaron 831.389 noites de hotel en Santiago, cun crecemento do 9,87% respecto do ano anterior. Pola súa banda, os turistas internacionais rexistraron 634.893 pernoctacións, un 5,47% máis.
As cifras de 2019 conseguíronse grazas a unha desestacionalización da demanda respecto do ano anterior. Os meses con maiores crecementos foron: abril, cun 19% máis; outubro, cun 17% máis; decembro e maio, cun 15% máis; e febreiro, cun 11% máis. Pola contra, en xullo mantivéronse as cifras do ano anterior, e en agosto houbo unha lixeira baixa do 2%.
O aeroporto de Santiago tamén conseguíu un novo record no ano 2019, con 2.903.427 pasaxeiros. Gañáronse máis de 175.000 pasaxeiros respecto do ano 2018, cun crecemento do 6,5%.
Pola súa banda, o Camiño de Santiago tamén conseguiu no 2019 un novo máximo histórico, con case 350.000 peregrinos e un crecemento do 6% respecto do 2018. Cabe destacar que houbo 183.237 peregrinos internacionais, que superaron en case 40.000 aos peregrinos españois.