Entroido en Pontevedra: dende a chegada de Urco ao enterro de Ravachol

O de Pontevedra é un dos entroidos máis peculiares da Galicia urbana, xa que no canto de enterrar a sardiña entérrase ao loro Ravachol, paxaro parladeiro e dicharacheiro do boticario Don Perfecto Feijóo, persoeiros ambos reais da Boa Vila a comezos do século pasado.

O Entroido comeza este venres coa coa lectura do pregón, na Praza da Ferrería, e de seguido a recepción do alcalde ao Urco (non o de Néboa), senón o rei do entroido pontevedrés que chega acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os da Caña, As Sonecas, Os Miudos, Os Solfamidas e Os Paparrulos. 

O acto central do sábado é o desfile de Entroido, masivo por certo, polas rúas da cidade, con importantesp remios para os participantes, sexan comparsas, grupos ou individuais. O desfile e seguido por multitude de persoas. 

Para o martes de entroido a programación é a que segue: XXV Festa da Filloa, concurso que o organiza Radio Voz e promove o concello no Mercado de Abastos. E a partires das 22 horas, a Noite Pirata co desembarco da tripulación do Burla Negra, o barco do pirata da Moureira Benito Soto no centro histórico. 

De seguido, continuará a troula nas rúas coas comparsas Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miudos, As Sonecas, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo e Os 100. 

O xoves 27 de febrero no Pazo da Cultura terá lugar a final do concurso de murgas; o venres 28 pola notie nas rúas da cidade a XXVI Mostra da da Parodia de Entroido e o sábdo 29 o colofón co velorio do loro Ravachol na praza da Verdura a partir das 18 horas e posterior incineración do paxaro acompañado do cortexo fúnebre de riguroso loito.