Estase Cocendo, Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra ata 22 de marzo


As XII Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra Estase Cocendo, que estánse a desenvolver pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo (APEHL), coa colaboración da institución provincial,  e ata o 22 de marzo.

Máis de 60 establecementos hostaleiros de 10 concellos do sur da provincia de Lugo participarán na nova edición de Estase Cocendo ofrecendo tapas especiais e menús de cocido. O programa complétase con visitas guiadas gratuítas por Monforte de Lemos, rutas a cabalo ou quedadas de motos, entre outras actividades de ocio. As casas rurais e hoteis da zona tamén ofrecerán descontos neste Mes do Cocido de Entroido na Ribeira Sacra. Eduardo Iglesias, o piloto monfortino que finalizou o último Dakar, será o compadre destas xornadas.

O Presidente da Deputación salientou que as xornadas gastronómicas Estase Cocendo combinan “turismo, patrimonio e gastronomía, un eixo que xera riqueza económica e emprego. Son elementos que se reforzan os uns ós outros. Unha boa oferta cultural e de ocio atrae un turismo de calidade, que á vez demanda unha oferta gastronómica de altura. E unha hostalaría como a da nosa provincia, que coida o produto, as receitas e ó cliente, supón un acicate para atraer novos visitantes”.

“Iniciativas como esta”, subliñou, “son tamén unha peza máis á hora de reclamar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Unha iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo no ano 2011 e que contou dende o principio coa colaboración e o respaldo da Asociación de Hostaleiros”.

Programa de actividades

Para animar á xente a participar nestas xornadas de degustación do cocido o programa complétase con diversas actividades de ocio, entre as que destacan as visitas guiadas e gratuítas por Monforte de Lemos todos os sábados, ás 11:00, do 29 de febreiro ata o 21 de marzo. O 14 de marzo organizarase o cocido de meigas con actuación de batucada e obradoiros para nenos. O 21 de marzo haberá quedadas de motos para facer rutas pola Ribeira Sacra e O Courel. Para participar nestas actividades é necesario facer reserva previa no teléfono 982.412.050. Tamén, do 22 de febreiro ao 22 de marzo, poderase reservar rutas a cabalo con prezos especiais e profesor de equitación no teléfono 630. 426.038.

Ademais dos restaurantes, bares e cafeterías dos concellos de Monforte, Chantada, Bóveda, Pantón, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel e Portomarín, súmanse tamén a esta iniciativa establecementos hoteleiros (casas rurais, hoteis e pensións), que ofrecerán descontos especiais nas estadías durante este mes. Na web www.eparacomerlugo.com pódese consultar os establecementos participantes.