Os primeiros datos turísticos deste recentemente publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), deixan ben parada a Galicia, que aumenta un 9% con respecto ao mesmo período do ano pasado, unha porcentaxe que triplica o aumento medio estatal.
Os hoteis e pensións de Galicia recibiron en xaneiro 179.479 viaxeiros -un 8,2% máis que hai un ano- que fixeron 338.030 noites, o que supón un crecemento do 9%, dando así continuidade á evolución de 2019.
O maior incremento vén do turismo nacional, que aumenta un 15,7%, mentres que o internacional sube un 7,2% e o interno un 3%. Con máis de 61.000 noites, o turismo internacional acada neste primeiro mes do ano un máximo histórico de demanda hoteleira en Galicia.
En xaneiro tamén se incrementou a ocupación, en case dous puntos porcentuais. O INE revela, ademais, que as tarifas hoteleiras encadean cinco anos consecutivos de crecemento, en concreto dun 8,8%.
Este incremento das tarifas, engadido á mellora dos niveis de demanda e ocupación, trae consigo que os hoteis galegos melloren tamén en resultados económicos. Neste sentido, a rendibilidade medrou un 5,6%, colocando a cifra na máis elevada da década