A D.O. Ribeiro vén de recibir un total de seis medallas trala publicación dos resultados do concurso internacional de viños Mundus Vini, unha competición que se celebrou do 18 ao 23 de febreiro en Alemaña.
As adegas ribeiranas obtiveron un total de seis medallas, das 14 entregadas en Galicia. A medalla de ouro recaeu no viño da colleita 2017 Aialalá Sousón de The Flower and the Bee S.L. e os galardóns de prata foron para o viño da colleita 2017, The Flower and the Bee Sousón de The Flower and the Bee S.L. e nos viños de colleita 2018 Antonio Montero ‘’Autor’’ Cepas Vellas Autóctonas , Ramón do Casar Blanco e Ramón do Casar Treixadura de Ramón do Casar S.L. e Viña do Campo de Bodegas Docampo S.A.
Viños de todo o mundo se presentaron ao 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini, concurso que rende homenaxe aos mellores viños na degustación de primavera de 2020.
O 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini chegou ao seu fin co premio de 43 medallas de gran ouro, 1.546 de ouro e 1.406 de prata. 268 expertos en viños de 54 países viaxaron á degustación de seis días para catar e avaliar case 7.500 viños de todo o mundo.