A D.O. Ribeira Sacra estará representada en Decanter, xunto con outras denominacións vitivinícolas galegas, nunha área especifica de Galicia, “Wines from Galicia”, que conta co apoio do IGAPE e que ten como misión resaltar o potencial do sector vitivinícola galego e poñelo en valor nos mercados internacionais.
A cita será o día 29 de febreiro, no Landmark Hotel de Londres, a través do Decanter Spain and Portugal Fine Wine Encounter 2020, encontro vitivinícola de produtores de España e Portugal. Esta é a primeira vez que a D.O. Ribeira Sacra participa neste encontro e farao con 14 viños, pertencentes a 8 adegas:
Don Bernardino S.L. (2 viños: 4ª Generación, Don Bernardino), Grupo Peago S.L. (3 viños: Condado de Sequeiras), Adega do Mollón S.L. (2 viños: Pombares “Lía”, Pombares “Gloria”), Adega Ponte da Boga S.L. (P Ponte da Boga), Marcos Fernández Ramón (Cruceiro), Tolo do Xisto S.L. (3 viños: Tolo do Xisto, Ruxe Ruxe, Tolo do Xisto Os Conventos), Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Rectoral de Amandi) e Rodríguez López, Víctor Manuel (Val da Lenda)
Os viños da D.O. Ribeira Sacra tamén estarán presentes na presentación ‘Galicia Discovery Theatre’ a cargo da Master of Wine, Sarah Jane Evans. A cita, tamén en Landmark Hotel, neste caso ás 16.00, para achegarse ás características vitivinícolas de cada D.O., as súas tendencias e métodos de elaboración do viño.