
Integran o panel de cata desta ta edición Constantino Iglesias, Asociación Galega de Catadores; Alejandro López Facorro, Asociación Sumilleres de Gallaecia; Ana Isabel Fernández Escudero, Asociación VitisLucus, expertos en análisis sensorial e enoturismo; Maira Ratón Fernández, Asociación Galega de Enólogos; Waldo Carreiras Albo, representante Consumidores Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra; José María Martínez Alonso, representante Distribución Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra; os expertos en análise sensorial de viños Alfonso Losada Quiroga, David Pascual Rodríguez, Mar Vilanova de la Torre e José Luis Hernáez Mañas.
Os expertos valorarán 10 mostras, 2 por subzona (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil), buscando ter representación en cada subzona dunha adega de maior produción e outra de menor produción, para establecer unha valoración media dos viños da nova anada. A recollida de mostras estivérona facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 21.