O habitual boletín de información cultural semanal que emite o concello de Lugo tense adaptado por completo á situación de confinamento na que vivimos, achegando á cidadanía multitude de iniciativas para levar mellor o confinamento.
Entre as propostas destacadas atópase unha mostra fotográfica colectiva de imaxes da cidade, tanto das vistas dende os balcóns e terrazas como da vida cotiá dos cidadáns durante a corentena. O obxetivo desta proposta é que a cidadanía de Lugo siga nas súas casas e obteñan fotos curiosas
desta atípica situación que nos tocou vivir, que poden enviar ao Facebook da Área (@LugoTurismo)
Instagram (@culturaturismolugo) ou ao Twitter (@LugoTurismo).
Unha vez finalizado o prazo, o venres 3 de abril, as fotografías utilizaranse para crear sendos vídeos.
Paralelamente, dende o concello tamén propón aproveitar esta situación para sacar o noso lado máis artístico coa iniciativa #quedarteencasamihl, pedíndolle ao público adulto e infantil que cree unha obra: unha fotografía, un debuxo, unha pintura, unha obra musical, audiovisual...etc., que ao entender do autor reflicta a
situación que estastamos a vivir, utilizando a linguaxe artística e a creatividade.
Ademais, dende a área de cultura do concello difundirán contidos educativos e de ocio como
debuxos en galego, concertos, visitas virtuais a museos, bibliotecas virtuais e páxinas educativas..." O obxectivo, segundo a concelleira Maite Ferreiro, é "axudar ás familias a facer menos
complicadas as medidas decretadas polo Estado”.