Vigo estuda a idea de cuadricular as súas praias

O alcalde de Vigo asegurou este martes que xa se está plantexando cómo se poderán abrir as praias da cidade este verán, apostando nun primeiro momento pola idea de marcar cuadrículas na area de forma que estea limitado o número de persoas que poidan acceder.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, esta será unha das medidas que traslade mañá ao seu comité asesor técnico, xa que tamén baralla a peatonalización de rúas para facilitar a saída da xente das súas casas neste período de desescalada.

“Escoitaba onte ao presidente de Andalucía falar de que considera cuadricular as praias e isto é o mesmo que xa transmitín eu hai 10 días ao vicepresidente da FEMP e aos alcaldes, é o que eu pretendo facer en Vigo coas praias”, sinalou.

En calquera caso, Caballero pediu que “ninguén anticipe catástrofes, xa veremos, pode haber turismo interior en verán e Vigo aspira a iso”. Tamén antepuxo como condición indispensable a “seguridade total” nas medidas de reapertura. “Temos que ter garantías, cafeterías e restaurantes preparados, en isto é no que quero que axude o comité asesor de desescalada, visualizar todos estes factores”, engadiu.