Corga Brancellao 2018, elaborado por Pereimos 2007, unha pequeña adega da Pobra de Trives, convirtiuse no primeiro ecolóxico galego en aparecer en The Wine Advocate, a Guía Robert Parker, con 91 puntos. Trátase dun monovarietal (Brancellao) elaborado na xoven adega fundada Benigno Pereira de Queixos Bama, un dos máis recoñecidos e prestixiosos de Galicia.
Nesta cata o Corga Barrica 2016 logrou 88 puntos; o Corga Barrica Mencía 2015 recibiu 89 puntos; o Corga Brancellao Barrica 2017 90 puntos; a mesma puntuación que o Corga Mencía 2019 e o Corga Ecolóxico Brancellao 2018 logrou 91 puntos, segundo precisa Benigno Pereira.
Nunha entrevista copncedida á publicación Campo Galego, Pereira subliña que “non temos problemas especiais por cultivar en ecolóxico, porque producir en ecolóxico entra dentro da miña mentalidade, de apostar pola economía circular e reducir o impacto ambiental, algo que tamén aplico na miña actividade principal, que é a producción de queixos.
Ademais, axúdame o apostar por variedades autóctonas, con menores producións que as castes foráneas, pero moito máis resistentes e adaptadas ao territorio”.
Segundo explica “é unha actividade coa que disfruto e coa que de momento creei 3 postos de traballo fixos durante todo o ano, creo que isto é facer desenvolvemento rural”, e engade que “nesta zona hai centos de hectáreas de viñedo abandonadas, nunha terra ideal para elaborar viños tintos e brancos de calidade que poderían competir a nivel mundial. A Xunta debería buscar un xeito para poñelos en producción e a disposición de quen os queira traballar”.