O concello de Ferrol vén de anunciar a súa intención de recuperar a súa implicación na celebración e posta en valor da Batalla de Brión, que cada mes de agosto recorda o enfrontamento entre tropas británicas e españolas que tivo lugar hai 220 anos nos montes ferroláns.
Con ese obxectivo en mente, os concelleiros de Promoción Económica e Turismo, María Teresa Deus; de Patrimonio Histórico, Eva Martínez; e de Seguridade, Germán Costoya, mantiveron unha reunión con representantes da asociación Batalla de Brión, dos veciños de Brión e de San Felipe-San Cristóbal, da asociación cultural e de promoción social Conxeito e Fertur para sentar as bases de cara á organización da próxima conmemoración da batalla, que terá lugar a finais do mes de agosto.
Este ano, ademais, cúmprense 220 anos da loita de tropas, para o que o Concello tiña programada unha gran celebración que a crise sanitaria pola covid-19 motivou o seu aprazamento ao verán do ano 2021. Pare este 200 programarase un acto acorde coas restriccións de seguridade.
Dende o concelo anuncian ademais que pretenden incluir a representación bélica no MMIAH, o proxecto europeo liderado por Ferrol sobre a recuperación e valorización do patrimonio marítimo, militar e industrial do litoral do Espacio Atlántico cofinanciado pola Unión Europea e o FEDER. Ten como obxectivo a posta en valor do litoral urbano da área atlántica a través da recuperación de bens en desuso asociados ao patrimonio militar, marítimo e industrial das cidades costeiras, facilitar o uso social dos mesmos e xerar actividades de valor engadido en torno a eles co fin de promover o turismo cultural como factor de sostenibilidade económica das cidades.