A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), en colaboración con Hostelería de España, lanzou o Sistema Integral para a preparación de Bares, Restaurantes, Aloxamentos e Ocio Nocturno, unha iniciativa para acreditar os locais que ofrecen unha hostelería segura fronte á covid-19 e dotalos dun pack integral de servizos e produtos que lles permiten cumprir e facer un seguimento dos requisitos de establecemento seguro.
Este sistema integral recolle, entre outros servizos, un curso de formación para responsables da empresa e traballadores; un manual de medidas para empresa e empregados; un distintivo de ‘Hostelería Segura’ que acredita que a empresa está adaptada á lexislación que permite a súa apertura durante a crise da covid-19; unha listaxe de comprobacións sobre a empresa e o traballador; cartelería para as zonas de traballo, de clientes e zonas comúns; acceso á plataforma e actualización de normativa referente á covid-19 e acceso a plataformas de comercialización e ofertas para o establecemento. O distintivo ‘Hostelería Segura’ será gratuíto para os socios da APEHL.
Desde esta asociación lembrán que iniciativas como esta son as que xeran confianza nos clientes; por iso, instamos a que todos os establecementos de hostalería da provincia se acrediten en Hostelería Segura.