
O importe de cada un é de 5 €, que se obterán a través dunha páxina web e cambiaranse mediante unha aplicación móbil específica subministrada polo Concello da Coruña por compras, consumicións ou gastos superiores a 20 €.
De forma paralela, tamén se desenvolverá unha campaña similar co comercio de proximidade, con bonos de 10 € por compras superiores a 30 € nos establecementos adheridos.
Trátase de dúas iniciativas enmarcadas no PRESCO, un plan dotado con 13.276.416,20 euros aprobado por unanimidade o pasado 1 de xuño, que pretende "axudar o tecido económico desta cidade para minimizar no posible as consecuencias da pandemia".
A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar dúas novas medidas recollidas no PRESCO, un plan dotado con 13.276.416,20 euros aprobado por unanimidade o pasado 1 de xuño. Trátase de dous bonos para incentivar que se compre tanto ao pequeno comercio local coma na hostalaría, bonos que suman unha achega municipal de 1,3 millóns de euros. "O obxectivo é axudar o tecido económico desta cidade para minimizar no posible as consecuencias da pandemia", indica o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas.