“Esa maldita felicidade”, a road movie do Festival PortAmérica



“Esa maldita felicidade”, é o audiovisual do Festival PortAmérica, que se presentou onte en Caldas de Reis, é unha das apostas do Festival neste ano de pandemia pola Covid19, que impediu a celebración dun dos eventos dos Rías Baixs Fest con maior trascendencia en todo o estado, pero que non esgotou a creatividade da súa organización que, en colaboración coa Deputación, realizará amais desta peza, accións on line, así como promoción cara ao Festival de 2021. 

“Os grandes proxectos nacen de situación complexas, por iso somos un pobo tan potente, especial, diferente e cunha gran autenticidade”. Con estas palabras, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, puxo en valor o ducumenta an presentación, na que tamén participaron o alcalde de Caldas Juan Manuel Rey; o director do documental, Alberto Bahamonde; o director e a responsable de comunicación de Esmerarte, Kin Martínez e Cristina García, e o chef Pepe Solla. 

“Esa maldita felicidade” fai un percorrido pola historia do festival que o seu director, Alberto Bahamonde desvelou que “aínda que inicialmente só queriamos desvelar os segredos do showrocking, acabou sendo un relato do que é PortAmérica”. Dous anos de rodaxe, máis dunha ducia de localizacións, pontes entre España e Latinoamérica conforman esta road movie de cociñeiros/as, músicos/as e cociñeiros/as-músicos/as con destino final nunha paraxe única das Rías Baixas: a carballeira de Caldas de Reis, sede do Festival PortAmérica. 

“É un traballo excelente, moi Esmerarte, moi PortAmérica, esperta emocións e faite sentir parte de algo”, enxalzou Carmela Silva que amosouse encantada co título do documental ao que cualificou de “brutal, porque os seres humanos nacemos para ser felices”. A presidenta provincial asegurou que “ten todos os ingredientes para ser un éxito e fará que PortAmérica sexa aínda máis potente”. Amais, Carmela Silva, que se declarou “portamericana”, destacou que este festival “ten un espírito moi Pontevedra provincia, moi Rías Baixas, de costa, de interior, de produtoras e produtores de proximidade” e recalcou que “estes son os proxectos que nos identifican, que nos sitúan, que nos referencian e que amais nos dan a man a esa América que tamén é nosa”. Silva rematou asegurando que “Esa maldita felicidade vai dar moito que falar ao igual que o fixo no seu día Fame de experiencias”. 

Pola súa banda, o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, que agradeceu o traballo da Deputación e de Esmerarte, subliñou que “PortAmérica supón un desenvolvemento socioeconómico único, a internacionalización dun pobo pequeno e facernos punteiros no dinamismo cultural” e destacou que por isto “a min me alcanza esa maldita felicidade e quero que lle alcance a todo o pobo”. O responsable de Esmerarte, Kin Martínez, tamén lle agradeceu o seu compromiso cos festivais a Carmela Silva e asegurou que “isto non é un punto e aparte, é un punto e seguido, e a débeda está en poder facer as mellores edicións do PortAmérica que é o que ten que vir”. Tamén tivo unhas palabras o chef Pepe Solla que fixo fincapé en que “a idea de levar a alta gastronomía aos festivais e que non quedase recluída nos restaurantes foi moi acertada é necesaria. Puxemos en marcha algo imparable”.