UN TEMPO POR DIANTE_ Editorial HGg&T 225


Este Editorial vén ser a crónica, ou o impacto memorístico, de tres meses de confinamento dun país, a modo de solución global para combater a propagación do Covid-19, o virus que veu do leste conxelando á cidadanía española na preocupación pola saúde, a inacción produtiva e nas prácticas sociais habituais, o cercenamento da actividade económica. 

Nun país que ten no lecer non só un xeito de entender a vida, tamén un xeito de tinglado económico e laboral que acada o 12 por cento do Produto Interior Bruto. Nada menos. Esta crónica de toda unha primavera 2020 absolutamente afectada e condicionada pola pandemia, semella unha parada no tempo, como se todo se detivera por mor dun longo lapsus memorístico, un xeito de coma temporal que nos levou por outra forma de vivir, férreamente de portas adentro. Tal efecto, lévanos ao punto de

partida do anterior Editorial, o do número 224 que titulábamos “Farangulla electoral”, pois saudábamos naquel agromar do mes de marzo unha prevista novidade: a convocatoria de eleccións

autonómicas en abril, apenas dúas semanas despois de que HGg&T chegara aos seus subscritores, aprazada a cita electoral, pechadas as portas dos establecementos e de prácticamente toda a produción non alimentaria ou sanitaria.

Poderíamos reproducir, pois, ese Editorial concibido diante dunhas eleccións que xustificaban o análise do papel turístico de Galicia no contexto do Estado, e do traballo dos gobernos Feijóo no eido turístico e concomitante. Nada cambiou neste paréntese, e seguen a ser válidas as nosas premisas. Tanto, que entendemos chegan vixentes e subraiadas á nova cita electoral do 12 de xullo, superado o confinamento, non a presenza do si atenuado coronavirus.

Se fai tres meses -saímos agora, por imposición e efectos legais, con un mes de atraso sobre as nosas previstas aparicións bimestraislembrábamos que as políticas turísticas de Galicia, pese ao innegable e definitivo impacto positivo do efecto Xacobeo, non fixeron medrar máis o peso da comunidade no contexto español, que o derivado das inercias que levaron a España no que vai de século, a ser o segundo país do mundo en receptivo. Estamos no mesmo lugar do ranking que estábamos fai vinte anos. E así estamos, contentos coa ineficacia -e continuaremos, a “inanición vírica” vaille ben á “inanición Xunta” polo que apuntan os sondeosrebougados políticos autonómicos e representantes empresariais no papel de correa de transmisión, na autocomplacencia, chapoteando pola falta de iniciativas promocionais dinámicas, operativas -puideron copiar algo da Deputación da Coruña, por exemplo- que axudaran sequera a paliar a campaña deste verán de incertezas...