A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) apraza o XVI Concurso de Tapas de Lugo, que ía ter lugar do 4 ao 20 de setembro, ante a situación epidemiolóxica actual no concello de Lugo e as medidas adoptadas pola Consellería de Sanidade para frear o contaxio por covid-19.
A organización do certame retomarase cando a situación sanitaria mellore, as condicións da hostalería se recuperen e se poida acudir aos locais coa maior normalidade posible, sempre respetando as medidas sanitarias recomendadas.