A programación de verán Pontevedra vívese remata esta semana con dous ciclos que abranguen ata o sábado e coa Festa do Demo que terá lugar o domingo. Así, este xoves comeza no mirador de Monte Porreiro o programa 'Urbana Pontevedra' centrado nas manifestacións artísticas de rúa, aunando a realización de graffitis con actuacións musicais de estilos moi diversos, pero entre os que predominan os considerados urbanos, como o hip hop, o rap e o trap.
Estas actuacións, ao igual que todas as que se viñeron desenvolvendo ao longo do verán, terán lugar nun espazo acoutado e aforado e o público deberá permanecer sentado. Nestes espectáculos, ademais do concerto musical, destaca a realización en directo dos graffitis para os que os e as artistas empregaran paneis de distinto tamaño para plasmar as súas obras.
Este ciclo rematará o sábado, cun último pase netamente feminino, tanto no eido musical, co grupo Flow de Toxo composto por catro mulleres, como no campo do graffiti, coa obra da graffiteira SAX que ademais empregará un dos paneis de maior tamaño (3,66m de largo x 2,44m de alto).
Ademais das artes urbanas, a praza da Ferraría acollerá todas as noites, desde hoxe e ata o sábado, o ciclo dedicado á música tradicional 'Virar co Gaita'. Todos os concertos serán ás 22 h e terán unha duración dunha hora.
O colofón ao programa porallo a Festa do Demo o domingo 23, que se iniciará ás 12:30h coa saída do demo e do seu séquito dos arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico. Volverá facer un segundo percorrido ás 20h, e ás 22h na praza da Ferraría rematará cunha Foliada a cargo do grupo Ghaveta.
Tanto no percorrido da mañá como no da tarde o demo e a súa comitiva evitarán a interacción co público e paradas que poidan provocar aglomeracións de xente. Programa Urbana Pontevedra. Mirador de Monte