Guadalupe Gómez, presidenta da IXP Pan Galego: "O noso pan xa era recoñecido pola súa calidade pero faltáballe o DNI"
Guadalupe Gómez Franco, da panadería Fraga, en Palas de Rei, é a presidente da nova IXP Pan Galego, cuxo consello regulador foi const¡ituido recentemente. Con ela falamos:
-¿Qué supón para o pan galego a IXP?
-É algo moi importante, xa que o noso pan xa gozaba dun prestixio recoñecido pola súa calidade pero faltáballe o DNI. Trátase de diferéncialo e protexelo.
-¿Qué requisitos hai que cumprir para poder estar acollidoa á IXP?
-Son varios. Utilizar trigo autóctono como mínimo nunha porcentaxe do 25%, e logo o proceso de elaboración, con amasados e fermentacións longas, a utilización de masa nai, que non é outra cousa que o formento de tada a vida, e unha boa cocción. En definitiva, materia prima e elaboración.
-¿Cantas panderías, produtores de trigo e muiños están adscritos á IXP?
-O consello regulador foi constituido hai pouco tempo e estamos a recibir as pertinentes solicitudes. A IXP está comezando o camiño, pero o selo vai amparar todo o proceso, é decir sementa, recolección, moenda e forno.
-¿Ademais de protexer ao pan galego, vai contribuir ao asentamente de poboación no rural ao darle máis valor ao noso trigo?
-Efectivamente, ao regular a porcentaxe de trigo autóctono vai darle máis valor a este cereal que, deste xeito, será máis rendible para os agricultores o que debería incentivar ás novas xeracións.
-¿Pan Galego vai rivalizar con Pan de Cea o ambos se complementarán?
-¿Rivalizar?, para nada, totalmente complementarias e orgullosos de ser a única Comunidade autónoma con dúas IXP que contribuirán a darle máis valor ao noso pan.