Xa se coñece o novo gberno de Feijóo. Alfonso Rueda Valezuela releva a Román Rodríguez ao frente da área de Turismo. Rueda, deste xeito, é o vicepresidente primeiro do novo executivo galego, ademais de conselleiro de Presidencia, Xustiza e agota Turismo. Pola súa banda, Román Rodríguez retoma a carteira de Cultura, Educación e Universidade.
Alfonso Rueda Naceu no ano 1968. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e ten o diploma de Directivo da Xunta de Galicia. Funcionario de Administración Local, con habilitación nacional, categoría superior.
Foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza, e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade da Paradanta. Ocupou os cargos de xefe do Gabinete da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Foi conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde abril de 2009 e vicepresidente desde 2012.