Música, natureza e vida. Esta é a idea que impulsa o evento musical Fervenza Sonora, a nova proposta cultural que promove Mosteiro da Fervenza, o conxunto monumental de turismo rural situado no corazón de San Xusto de Toxosoutos (Lousame, A Coruña).
Fervenza Sonora presentarase o vindeiro sábado 26 de setembro da man dun dos grupos máis emblemáticos do pop estatal das últimas décadas: Los Secretos. A banda madrileña, que chegará a Lousame en formato trío acústico, ofrecerá unha cita íntima e elegante na que Álvaro Urquijo, Ramón Arroyo e Jesús Redondo percorrerán as raíces e éxitos da súa traxectoria da man do público. O concerto comezará ás19.00 horas e as entradas xa están á venda no web www.ataquilla.com a partir de 30 euros (gastos incluídos).
Mosteiro da Fervenza atópase no Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, espazo emblemático declarado Ben de Interese Cultural, xunto á beira dos ríos San Xusto e Vilacova, que agochan toda unha serie de fervenzas e saltos de auga que sorprenden aos camiñantes ao seu paso. Atoparedes toda a información e recursos gráficos tanto deste conxunto monumental coma do concerto de Los Secretos na sala de prensa en liña: https://www.dropbox.com/sh/4dhil2tikvmar5g/AAD3f4l_PUvvJ9bAfDtJJDAUa?dl=0.