Os viños da Ribeira Sacra regatean á pandemia


A D.O. Ribeira Sacra incrementou as vendas no territorio nacional no periodo que vai desde o 1 de agosto do 2019 ao 31 de xullo do 2020 a pesares da pandemia e o correspondente peche do sector hostaleiro e restauración. As vendas no ámbito estatal situáronse en 38.759 hectolitros, fronte aos 36.162 do pasado ano. En España as comunidades que máis compran viño con D.O. Ribeira Sacra son Valencia con 1.997,40 hectolitros, Madrid con 698,94 hectolitros, Cataluña 313,97 con hectolitros e Castela e León 118,80 hectolitros.

En Galicia a D.O. tamén aumentou as vendas con respecto á pasada campaña, con 34.026,31 hectolitros este ano e 32.428,70 o pasado ano. Ourense é a provincia onde máis viño con D.O. Ribeira Sacra véndese, 16.863,38; seguida de Lugo con 8.598,54, A Coruña 5.294,71 e Pontevedra con 2.579,84. Con respecto á anterior campaña subiu a venda de viños con D.O. Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e Ourense e descendeu en Pontevedra e A Coruña.

Na exportación deuse un lixeiro descenso con respecto ao ano pasado, pasando de 1.629,84 hectolitros a 1.506,93 neste último período. Aínda así aumentaron as exportacións a países como Bélxica, Canadá, China, Irlanda, Italia ou Suíza; destacando o aumento en Rusia, Países Baixos e Alemaña. Este aumento vincúlase ás visitas que fixeron ás adegas e viñedos da D.O. Ribeira Sacra importadores e prescritores e tamén á presenza en feiras internacionais como ProweinLondon Wine FairVinexpo Burdeaux,…e outros eventos como Decanter. Mentres que a asistencia a feiras nacionais como Gourmets ou Fenavin, contribuíu a consolidar as vendas no resto de España e a ter máis presenza no resto do territorio nacional.

Os efectos da pandemia e as súas limitacións de tráfico si repercutiron no comercio con EEUU onde na anterior campaña vendéronse 472,17 hectolitros e este ano 339,56. O mellor ano das relacións comerciais con EEUU foi o 2015 con 877,32 hectolitros. Ese ano as vendas en exportacións da D.O. Ribeira Sacra aumentaban considerablemente, pasando de 359,40 de 2014 a 1.575,29 hectolitros do 2015. Sumando exportacións e importacións a D.O. Ribeira Sacra mellora resultados e pasa de 37.792,36 hectolitros a 40.266,28 nesta campaña vitivinícola que acaba de terminar.