VEGA DE LUCIA, “Os Pícnics no Luscofusco”

HGg&T_226     D.O. MONTERREI, RUTA DO VIÑO _ DÍAS DE VIÑO E VIÑAS 


Baixo a sombra dos castiñeiros, ante o viñedo máis grande de Galicia, ofrecemos unha invitación a
gozar da nosa gastronomía dunha forma diferente e distendida.


Poderás recorrer Galicia a través de distintos queixos e probar especialidades da comarca como o xamón de pato e o único paté galego de Ánades Galicia ou a carne de tenreira ecolóxica de Biocoop. Todo acompañado polos viños Vega de Lucía Godello de añadas antigas e o Vega de Lucía Mencía, nunha viaxe da man de Marra Gastronomía e dos seus colaboradores, encargados de comentar os platos elaborados.

Entre outras actividades, tamén propoñemos que coñezades de primeira man os traballos que se desenvolven nunha viña para poder sacar ao mercado unha soa botella de viño. 

Aquí poderedes gozar da riqueza do Val de Monterrei (España) e do Val do Alto Támega, un destino internacional con días de 25 horas no que aparte de coñecer o noso traballo e esforzo poderedes gozar das nosas paisaxes, natureza, gastronomía, historias, augas e sobre todo, do noso viño.

Informarche de todas as nosas ofertas  enoturísticas, viños e algo máis.  Por iso puxemos en marcha a nosa web para manterche informado de todas as nosas ofertas e promocións.  Se queres saber máis entra en www.vegadelucia.com