Apehl colaborou por sétimo ano consecutivo na celebración do Torneo de Golf …E para comer, Lugo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) colaborou por sétimo ano consecutivo co Club de Golf de Lugo para a celebración do VII Torneo de Golf …E para comer, Lugo.

No evento deportivo, que tivo lugar durante os días 16 e 17 de outubro, participaron preto de 70 participantes. Para cumprir coa normativa sanitaria vixente, o acto institucional desta iniciativa desenvolveuse esta mañá na sede da Apehl en Lugo.

Os 24 primeiros clasificados recibiron diversos premios doados por establecementos de hostalería asociados á Apehl, como cheques regalo, comidas, ceas ou menús degustación.

Desde Apehl agradecen ao Club de Golf de Lugo que “contasen un ano máis coa Asociación para este evento e que leve o nome de …E para comer, Lugo. Felicitamos por suposto a todos os gañadores e dámoslles as grazas a todos os participantes por formar parte do torneo”.