A iniciativa Estrelas solidarias no Camiño reuniu a 16 cociñeiros que suman máis de 30 estrelas Michelin, nunha cita que, segundo palabras do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, ademais axuda á proxección do Camiño de Santiago neste momento, e poñendo en valor a aposta do Goberno galego por axudar á recuperación do turismo e da hostalería, que tanto están sufrindo pola pandemia.
O evento contou coa colaboración de cociñeiros como Fran e Rogelio Rial, copropietarios de Casa Barqueiro, onde tivo lugar o acto; Elena Arzak, Jordi Cruz, Martin Berasategui, Manuel Costiña, cociñeiro, Miguel Ángel Campos e Sergio Torres,entre outros.
O titular de turismo asistiu á entrega dun donativo a Cáritas coa recadación do encontro gastronómico organizado no marco do proxecto “Estrelas Solidarias no Camiño”.
Alfonso Rueda indicou que iniciativas cono esta, conxugan algúns dos valores que máis e mellor definen a Galicia: gastronomía, patrimonio, cultura, Camiño de Santiago e, sobre todo e por encima de todo, solidariedade, xa que grazas a esta iniciativa, deuse entrega ao director de Cáritas en Santiago, Anuncio Mouriño, de máis de 6.000 euros.
No marco do acto, Alfonso Rueda, precisou que “este é un acto que simboliza entre outras moitas cousas, a sensibilidade cunhas entidades, como hoxe é Caritas, que ao igual que outros anos se lle deu a outras entidades, son unha verdadeira garantía de que ata o último euro estará dedicado a quen realmente o necesita. Ademais de que é un orgullo xuntar nun mesmo acto a tantos grandes cociñeiros en torno ao Camiño”.
Finalmente, Alfonso Rueda explicou que dende a Xunta seguirase promovendo o noso turismo, gastronomía, patrimonio é cultura. Sempre con todas as garantías sanitarias, facendo especial fincapé en que Galicia é un destino seguro, tal e como demostrou este verán, con datos mellores que o resto do Estado.