Gadis continúa impulsando a edición de libros en lingua galega neste 2020. Nos últimos 16 anos, o apoio á literatura neste idioma traduciuse na impresión de 330.000 obras. Este ano, a compañía súmase á conmemoración dun Día das Letras Galegas atípico cunha aproximación ao público xuvenil. Ata fin de existencias, o vindeiro sábado, 31 de outubro, regalará en todos os Supermercados Gadis de Galicia “Brian, o chinés”. En total, 30.000 exemplares dunha obra que asina David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide.
Trátase dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con
Síndrome de Down a piques de alcanzar a maioría de idade. Un diario cargado de
humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do
protagonista desde a súa infancia. Describe con gran realismo as dificultades
ás que se enfronta, como as afronta e supéraas. Unha visión introspectiva da
súa propia diversidade e das persoas que lle rodean. A mirada do seu eu a
través dos ollos doutros. Un libro que atrapa de principio a fin.
Desde Supermercados
Gadis poñen o acento en que “Brian,
o chinés” cumpre unha tripla función:
apoiar a edición de libros en galego, fomentar a lectura neste idioma entre os
mozos e promover a diversidade e integración.
Nestes dezaseis anos, con motivo do Día das Letras Galegas, Gadis editou
libros en xéneros moi diferentes: poesía, cancioneiros populares, relatos,
novela. Tamén variou o público ao que se dirixían as obras: infantil, xuvenil e
adultos.
Esta faceta editorial desenvólvese no marco do programa de Responsabilidade
Social Corporativa de GADISA, con máis de 2.300 accións
anuais de diversa índole. O apoio á cultura nas súas múltiples
manifestacións supón cerca do 40% do total das iniciativas de RSC: patrocinio
do programa Cultura no camiño, cooperación con festivales como
Curtocircuito, OUFF e (S8), e a colaboración cos Premios Mestre Mateo
son algunhas das actuacións da compañía nesta área.