"O Branco lexítimo compórtase moi ben a nivel produtivo", segundo Rubén Pérez de Ponte da Boga


Ponte da Boga, que pertence ao grupo Hijos de Rivera S.A. (Estrella Galicia), é a primeira en introdoucir a variedade Branco Lexítimo na D.O. Ribeira Sacra, dende a súa adega de Castro Caldelas. Chamada noutras zonas Albarín Blanco, Rapouso e Branca do País é unha das variedades que por diferentes trabas administrativas foi quedando no limbo do esquecemento a pesares de ser unha uva de cultivo tradicional. Falamos co director técnico de Ponte da Boga, Rubén Pérez:

-¿Cómo xurdiu en Ponte da Boga a iniciativa de poner en valor o Branco Lexítimo?

-Temos un programa de recuperación de variedades esquecidas e unha delas é o Branco Lexítimo. Hai nove anos fixemos unha prantación experimental nunha parcela con esta variedade e dende hai dous anos o C.R. Ribeira Sacra modificou o regulamento admintintodoa entre as variedades preferentes. E ahí comezou esta iniciativa.

-¿Trátase dunha variedade con presencia, por exemplo, na IXP Betanzos e Barbanza e Iria?

-Efectivamente. De feito a IXP Betnanzos foi a primeira que a rexistrou como variedade e ahí nacía o Branco Lexítimo que, a pesares de ser unha variedade de cultivo tradicional, foi quedando no esquecemento por diferentes trabas administrativas.

-¿Qué características destacarías desta variedade?

-É unha uva que se comporta moi ben a nivel produtivo, resistente a pragas e enfermidades, super aromática, con corpo e que conserva boa acidez, de extraordinaria calidade e ideal para a cornixa cantábrica e para a franxa atlántica. Eu diría que está a altura do Albariño, Godello e Treixadura.

-¿Pode ser a variedade do futuro en Galicia?

-Está chamada a ser unha uva importante polas súas características organolépticas antes apuntadas, tanto para viños monovarietais e como mellorante en pulirivarietais, pero difícilmente acadará os niveis produtivos do trío de ases entre as brancas porque habería que replantexarse unha importante replantación de viñedos e iso non é doado polo seu alto custe,  ao menos a curto prazo.