Hoxe celébranse as IV Xornadas ambientais e de turismo sostible no Camiño Portugués


A industrialización e a urbanización orixinaron problemas ambientais de primeira orde (o efecto invernadoiro e o cambio climático, a destrución da capa de ozono estratosférica, o transporte de contaminantes, a desertización etc.) que é preciso corrixir, así como evitar que as actividades futuras orixinen máis deterioracións no noso contorno a través dunha política preventiva que permita un desenvolvemento sostido e equilibrado e teña como obxectivos a protección da saúde do home e a conservación de todos os recursos (aire, auga, solo, clima, especies de flora e fauna, alimentos, materias primas, hábitat, patrimonio natural e cultural) que condicionan e sustentan a vida. 

A forte conexión entre medio ambiente e saúde recoñeceuse expresamente na 3.ª Conferencia Ministerial do Medio Ambiente e a Saúde (Londres, 1999). O Cume da Terra de Río de Xaneiro (1992), a Conferencia de NNUU sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento de Johannesburgo (2002) e Río+20 (2012), acuñaron a idea de desenvolvemento sostible, que expresa a imposibilidade dun desenvolvemento sen contar co medio ambiente (a protección do medio ambiente e o desenvolvemento económico e social son tres piares inseparables do desenvolvemento sostible). O VII Programa Comunitario de Acción en materia de

Medio Ambiente 2014-2020 (7º PMA), resume os obxectivos prioritarios da política de medio ambiente da Unión Europea ata 2020 e introduce unha visión o longo prazo para 2050 coa finalidade de abordar os problemas principais de carácter ambiental. Se basa na creencia de que a prosperidade económica e o bienestar dos cidadáns europeos dependen do estado de saúde do seu capital natural.

No título: “Vivir ben, respetando os límites do noso planeta”. A Oficina Rexional para Europa da OMS, decidiu apoiar as entidades locais e rexionais para acadar os obxectivos do desenvolvemento sostible, para o cal é necesario impulsar a posta en marcha de medidas de planificación e control do medio ambiente relacionadas cos aspectos sanitarios, xa que para resolver os problemas do medio ambiente, a saúde e o desenvolvemento sostible, é preciso chegar a un acordo e emprender accións non só a nivel nacional e internacional senón tamén a nivel subnacional e local (pensar globalmente, actuar localmente). 

Na liña das políticas da OMS de propoñer ambientes saudables, e coa esperanza de concienciar os concellos galegos de asumiren esta filosofía na xestión dos aspectos ambientais da saúde e así poder contribuír ao desenvolvemento sostible de Galicia e mellorar as condicións de vida da cidadanía, púxose en marcha en Galicia no ano 2000, o PROGRAMA GALEGO MUNICIPIOS SAUDABLES E SOSTIBLES 2000-2020, que contou cos parabéns do Dr. Agis Tsouros, coordinador no seu momento do proxecto “Healthy Cities” da Oficina Rexional para Europa da OMS, e desde o ano 2008 vén contando co valioso apoio e a participación activa da Dra. María Neira, director Department of Public Health and Environmental and Social Determinants da OMS. 

Esta iniciativa itinerante pioneira na UE, ten como obxectivos prioritarios a formación e reciclaxe de técnicos en medio ambiente e saúde, ademais de foro de debate de todos os axentes sociais implicados na tarefa de protexer e conservar o medio ambiente e promover contornos saudables. A posta en marcha en Galicia deste Programa, no seu periplo itinerante por toda a xeografía galega o longo destes 19 anos, contou coa participación de 265 concellos (257 galegos, 2 leoneses, 1 asturiano, 2 madrileños e 3 portugueses), 5 entidades locais e rexionais portuguesas e 6.535 asistentes nas 62 edicións de Cursos de Saúde Ambiental realizados, o Simposio Internacional “Medio Ambiente y Salud: nuevos retos de futuro” en colaboración coa Fundación Ramón Areces (Santiago de Compostela, 2015), e o Cumio de Expertos en Medio Ambiente & Saúde (Ponteareas, 2016). No contexto da Axenda 2030 e os ODS das Nacións Unidas, cuxo alcance é universal, logo da celebración do Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento no 2017, esperemos que contribúa a promover un cambio nas políticas, as prácticas de empresa e o comportamento dos consumidores para conseguir un sector turístico máis sostible, ademais de promover unha mellor comprensión entre os pobos, maior conciencia da riqueza do patrimonio das diversas civilizacións e levar a unha mellor apreciación dos valores inherentes das diversas culturas, contribuíndo así ao fortalecemento da paz no mundo.

Co fin de abordar e debater algúns dos problemas ambientais máis importantes que ten a civilización actual, organízanse as IV Xornadas ambientais e de turismo sostible no Camiño Portugués - LXIII Curso de saúde ambiental que teñen como obxectivos: analizar a orixe e a situación actual da pandemia por coronavirus e o seu impacto sanitario, económico e social, avanzar na loita contra o cambio climático cara á saúde ambiental do planeta, e impulsar o turismo sostible no camiño portugués no marco do Xacobeo 2021. Finalmente, cómpre destacar a necesidade de unir esforzos por parte de responsables políticos, empresarios, científicos, educadores, profesionais, ecoloxistas, comunicadores, así como a participación activa dos cidadáns e cidadás en prol de conseguirmos un medio ambiente máis saudable e sostible para todas e todos os galegos/as, o mellor legado para xeracións vindeiras.