A marca `en Outes´contará cÓ apoio da Depùtación da Coruña


A área de Turismo da Deputación da Coruña colabora co Concello de Outes na dinamización e promoción dos recursos turísticos do municipio e, en especial, na creación e posicionamento da marca "en Outes!". O orzamento da achega da Deputación ascende a 17.753,96 € que se destinarán á mellora da comunicación e o posicionamento do destino turístico.

O vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o alcalde de Outes, Manuel González, asinaron o convenio de colaboración, que foi aprobado no pleno para a promoción turística do concello.

O acordo contempla a achega por parte da área de Turismo da Deputación da Coruña de 17.754 € que supoñen o 80% do orzamento do proxecto que ascende a 22.192,45 €. Na iniciativa inclúese o deseño da imaxe corporativa que aglutine todas as opcións de comunicación baixo a mesma marca "en Outes!" e o apoio a distintas ferramentas para a súa promoción. 

Por outra banda, A Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas financiarán de xeito conxunto os case 100.000 euros de gastos que xerou a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña 2020.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, asinaron hoxe o convenio polo que o ente provincial achegará 45.000 euros, o 45% do total, para financiar os gastos que xa estaban executados antes da súa cancelación no mes de marzo, por prudencia e responsabilidade, debido á declaración do Estado de Alarma.