Baltar, elexido presidente do Foro Termal do Eixo Atlántico


Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, vén de ser elixido presidente do Foro Termal do Eixo Atlántico, o lobby de cooperación transfronteiriza máis importante entre España e Portugal, integrado por 39 entidades que representan a provincias, concellos e cámaras municipais de ámbolos dous países.

O Foro Termal ten como obxectivo, entre outros, promocionar e impulsar o recoñecemento público do termalismo da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a nivel nacional e internacional, a través dunha estratexia conxunta das catorce entidades locais que o integran.