Medio Rural promove varios proxectos de dinamización nos Ancares


A Consellería de Medio Rutal mobilizou preto de 300.000 euros en varios proxectos de dinamización na comarca luguesa dos Ancares, concretamente en Navia de Suarna, tales como o Centro de desenvolvemento rural Casa Quindós, actualmente en construcción e o centro de emprendemento Casa Quiñones, relacionado coas novas tecnoloxías e o sector dixital e concibido para atraer novos habitantes ao rural, entre outros.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Inés Santé, visitou a zona para coñecer estas iniciativas de primeira man e tamén o proxecto de control de mato con gando cabrún que se leva a cabo na zona da aldea de Vilela, e unha zona de aproveitamento de montes para pasteiros na aldea de Cerredo, entre outros en Cervantes. 

Por outra banda, aproveitou para avaliar as vantaxes que supuxo a campaña de marketing impulsada pola cooperativa Carqueixa para divulgar, diversificar e mellorar a marca “O sabor dos Ancares”, que contou cunha axuda cofinanciada pola Xunta de 20.000 euros no marco da Leader.