O Plan de Hostalaría segura publicado no DOGA, a través da Orde do 25 de febreiro de 2021, establece a obriga de dispor nun lugar visible do acceso, preferentemente na porta da entrada, dun cartel que sexa de doada lectura, no cal conste a seguinte información:
a) Interior:
Capacidade máxima interior permitida en condicións normais.
Porcentaxe máxima de uso interior establecida pola autoridade sanitaria en cada momento en función da situación epidemiolóxica.
Capacidade máxima interior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso establecida pola autoridade sanitaria.
b) Exterior:
Capacidade máxima exterior permitida en condicións normais.
Porcentaxe máxima de uso exterior establecida pola autoridade sanitaria en cada momento en función da situación epidemiolóxica.
Capacidade máxima exterior permitida en cada momento en función da aplicación da porcentaxe máxima de uso establecida pola autoridade sanitaria.
Ademais, co obxecto de facilitar a rastrexabilidade, a persoa titular do establecemento obterá un código QR. Desta forma, a través da aplicación da Xunta de Galicia Passcovid, os usuarios do establecemento poderán rexistrar a súa presenza nel mediante a captura do código QR, o cal axudará a detectar posibles concentracións de contaxios con maior rapidez.
Para aquelas persoas que non dispoñan da aplicación Passcovid, o local poderá dispor de QR personalizados para entregarlles aos usuarios e que permitan a súa rastrexabilidade en caso de detección de casos positivos.
Para a determinación do aforo e a obtención do cartel poden acceder a turespazo.turismo.gal de acordo coas seguintes indicacións.