A web de Turismo de Santiago informa dos hoteis abertos en Semana Santa


Turismo de Santiago informa na súa web da oferta aloxativa aberta na cidade durante o periodo vacacional de Semana Santa. A páxina web da entidade de promoción turística municipal conta cun buscador de aloxamentos por tipoloxía na que se inclúe unha referencia sobre aqueles que estarán abertos durante estes días.Durante a Semana Santa estarán abertos a maior parte dos hoteis de cinco e catro estrelas de Santiago, que concentran máis da metade das arredor de 6.000 prazas hoteleiras que hai na cidade.

En conxunto, entre hoteis y pensións, Santiago conta con máis de 150 aloxamentos, dos que estarán abertos máis do 40%. No caso dos hoteis, a previsión é que estén abertos o 42% e, no caso das pensións, o 44%.

En total hai 4 hoteis abertos de cinco estrelas, 6 de catro estrelas, 7 de tres estrelas, 6 de dúas estrelas e 6 de unha estrela. 29 hoteis que se suman a 37 pensións, ofrecendo unha oferta hoteleira e de pernoctación de 66 establecementos.