Cheché Real foi reelexido presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), no curso da asamblea xeral e asamblea electoral na que foron nominados a totalidade dos cargos da Xunta Directiva.
Ao presentarse unicamente a candidatura de José Francisco Real Castro, non foi necesaria votación algunha para proceder á proclamación da mesma, e sí quedou constituida a Xunta Directiva da Apehl para un mandato de catro anos cos integrantes, ademais do presidente, que se relacionan a continuación: vicepresidente, José Manuel Cela Rodríguez e secretario, Jacobo García-Bobadilla Prósper.
Como vogais foron elexidos Manuel Tapia Rivera, Alfonso Arias Castro, Jesús Díaz Anllo, Manuel Ángel Fernández Díaz, Daniel Romay Piñeiro, Juan Antonio Agra Lago e Rubén Pinín González.