Galicia terá certificado de vacinación


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acaba de anunciar que, á espera de que entre en vigor o certificado dixital verde da Unión Europea en xuño para impulsar a mobilidade, na primeira quincena de abril Galicia porá en marcha un certificado de vacinación, firmado dixitalmente. 

Será substituído polo certificado dixital verde en canto sexa posible. Ese certificado conterá un códico QR. En formato dixital estará accesible a toda a cidadanía na aplicación PASS COVID. Tamén será accesible desde É Saúde ou Sergas Móbil. Tamén se poderá acceder a él en formato papel nas áreas administrativas para quen o precise.