Quiroga acolleu a segunda cata enmarcada nas actividades do Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño


Como introdución ao Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl)a celebrou segunda das progrmadas no marco de este evento no establecemento Parrillada Casa Torres, de Quiroga. A sesión foi impartida de 16:30 a 19:00 horas por Juanjo Figueroa, titor do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño.

A última das Catas …E para comer, Lugo no Camiño celebrarase o 5 de maio, no Forno de Tovar, en Lourenzá. Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, tanto no Congreso como na última das Catas, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforamento, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

O Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, é unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo que terá lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o 29 de maio. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.