O MIHL acolle o sábado o II Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) acollerá o II Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo, que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, este sábado 29 de maio.

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará este sábado por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

O programa do Congreso conta coas seguintes actividades:

O9:45-10:00 Recepción e entrega de acreditacións

10:15-10:30 Presentación do acto

10:30-10:45 Charla de Eduardo Iglesias: `...E para comer, Lugo no Dakar 2021´ e exposición da moto

10:45-11:30 Demostración barista `Café cremoso en armonía cos Camiños´ a cargo de José Manuel Portela (Candelas)

11:30-12:00 Charla de Xoan Cannas (Instituto Galego do Viño): `A cultura do viño nos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo´

12:00.13:30 Demostración `Cociña con produtos de proximidade´ a cargo de Javier Estévez (Estrella Michelín 2019, 2020 e 2021 polo seu labor en La Tasquería de Javi Estévez)

En paralelo á celebración do Congreso realizarase (de 11:00 a 13:00 h) un obradoiro para nenos de entre 6 e 12 anos.

EN STREAMING

O evento será retransmitido en directo desde a páxina de Facebook E Para Comer Lugo e desde a web apehl.org, pois o número de prazas dispoñibles para asistir ao MIHL foi limitado por mor das esixencias sanitarias da pandemia.